Pavel Cherenkov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavel Cherenkov

Pável Alekséyevich Tcherenkov, en ruso Павел Алексеевич Черенков, nado en 1904 e finado en 1990, foi un físico soviético de gran reputación e que recibiu o Premio Nobel de Física en 1958 polas súas contribucións médicas e sociais á cultura nesa época.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 28 de xullo de 1904 na aldea rusa de Nízhniaya Chigla situado no óblast de Voronezh. Licenciado en física e matemáticas na Universidade de Voronezh en 1928, xa en 1930 entrou a formar parte como investigador do Instituto de Física de Lébedev, un dos máis prestixiosos da Unión Soviética.

Tcherenkov morreu o 6 de xaneiro de 1990 na súa residencia de Moscova

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Baixo as ordes do físico Sergey Ivanovich Vavilov observaron a emisión de luz azul dunha botella de auga sometida a un bombardeo radioactivo. Este fenómeno, asociado ás partículas atómicas cargadas que se movían a velocidades superiores á velocidade da luz, resultou ser moi importante no traballo experimental sobre física nuclear e o estudo dos raios cósmicos, o que se chama radiación de Cerenkov ou Tcherenkov. En 1953 converteuse en profesor de física experimental do Instituto, onde dirixiu o laboratorio de Lébedev en investigacións sobre aceleradores de partículas, e sobre o fotón e os mesóns.

En 1958 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto cos físicos soviéticos Ilia Frank e Igor Tamm, polo descubrimento e a interpretación da Radiación de Tcherenkov.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]