Murray Gell-Mann

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Murray Gell-Mann na Universitade de Harvard
Murray Gell-Mann na Universitade de Harvard

Murray Gell-Mann ( Nova York, EE.UU. 1929 ) é un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1969.

[editar] Biografía

Naceu o 15 de setembro de 1929 na cidade norteamericana de Nova York. Licenciado en física pola Universidade de Yale e no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, en 1955 comezou como profesor universitario na Universidade de California onde ocupou desde 1967 a cátedra de física teórica.

[editar] Investigacións científicas

Desde 1950 interesouse na investigación sobre as partículas elementais, recentemente descubertas e denominadas caón e hiperión.A súa clasificación permitiu nomear un novo número cuántico. As súas investigacións, primeiro con Abraham Pais e posteriormente con Kazuhiko Nishijima, permitiron a introdución dunha nova partícula, o hadrón, partícula que descubriu á vez o físico israelí Yuval Ne'emal. A teoría de Gell-Mann achegou orde ao caos ao descubrir preto de 100 partículas no interior do núcleo atómico. Estas partículas, ademais dos protóns e neutróns, estaban formadas por outras partículas elementais denominadas quarks. Estes quarks mantéñense unidos grazas ao intercambio de gluons.

En 1964 ingresou na NASA e postulou o modelo do quark, un modelo que tamén postulou independentemente George Zweig. A teoría moderna das interaccións dos quarks denomínase Cromodinámica cuántica, baseada basicamente sobre o traballo de Gell-Mann.

En 1969 outorgóuselle o Premio Nobel de Física polas súas contribucións e descubrimentos na clasificación de partículas elementais e as súas interaccións. Xunto a Richard Feynman, rivalizando con George Sudarshan e Robert Marshak, foi o primeiro en atopar a estrutura da forza nuclear débil en física. Este traballo seguiu co descubrimento inicial da violación da paridade de Chien-Shiung Wu, segundo as ideas suxeridas polos físicos Chen Ning Yang e Tsung-Dao Lee.

[editar] Ligazóns externas


Premio Nobel de Física: Premiados

1901: Röntgen 02: LorentzZeeman 03: BecquerelP.CurieM.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: MarconiBraun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.BraggW.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: FranckHertz 26: Perrin 27: ComptonWilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: SchrödingerDirac 35: Chadwick 36: HessAnderson 37: DavissonThomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: CockcroftWalton 52: BlochPurcell 53: Zernike 54: BornBothe 55: LambKusch 56: ShockleyBardeenBrattain 57: YangT.D.Lee 58: CherenkovFrankTamm 59: SegrèChamberlain 60: Glaser 61: HofstadterMössbauer 62: Landau 63: WignerGoeppert‑MayerJensen 64: TownesBasovProkhorov 65: TomonagaSchwingerFeynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: AlfvénNéel 71: Gabor 72: BardeenCooperSchrieffer 73: EsakiGiaeverJosephson 74: RyleHewish 75: A.BohrMottelsonRainwater 76: RichterTing 77: AndersonMottvan Vleck 78: KapitsaPenziasWilson 79: GlashowSalamWeinberg 80: CroninFitch 81: BloembergenSchawlowSiegbahn 82: Wilson 83: ChandrasekharFowler 84: Carlo Rubbiavan der Meer 85: von Klitzing 86: RuskaBinnigRohrer 87: BednorzMüller 88: LedermanSchwartzSteinberger 89: RamseyDehmeltPaul 90: FriedmanKendallTaylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: HulseTaylor 94: BrockhouseShull 95: PerlReines 96: D.LeeOsheroffRichardson 97: ChuCohen‑TannoudjiPhillips 98: LaughlinStörmerTsui 99: 't HooftVeltman 2000: AlferovKroemerKilby 01: CornellKetterleWieman 02: DavisKoshibaGiacconi 03: AbrikosovGinzburgLeggett 04: GrossPolitzerWilczek 05: GlauberHallHänsch 06: MatherSmoot 07: Grünberg, Fert

Ferramentas persoais