John Robert Schrieffer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Robert Schrieffer

John Robert Schrieffer, nado en Oak Park (Illinois) o 31 de maio de 1931, é un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1972 polos seus estudos sobre supercondutividade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1940 a súa familia trasladouse a Manhasset, no estado de Nova York, e en 1947 a Eustis, Florida, onde o seu pai decidiu abandonar a súa profesión de farmacéutico e dedicarse á industria dos cítricos.

Tras licenciarse en física, despois de iniciar os estudos de enxeñería, no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts no 1953 baixo a supervisión de John C. Slater, iniciou un postgrao na Universidade de Illinois onde coñeceu a John Bardeen, do cal foi o seu asistente.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Tras resolver un problema teórico da condución eléctrica en superficies semicondutoras, Schrieffer pasou un ano no laboratorio, aplicando a teoría a varios problemas superficiais. No ano 1957, antes de finalizar os seus estudos, desenvolveu a Teoría BCS sobre a supercondutividade xunto con John Bardeen e Leon Cooper. Esta teoría describe como cando baixa moito a temperatura maniféstase nos electróns unha grande forza de atracción que os fai fluír emparellados de forma que, ao pasar preto dun núcleo atómico, o primeiro electrón cede enerxía que é despois recuperada polo seu compañeiro.

Tras finalizar os seus estudos e doutorarse no 1958 sobre a supercondutividade, Schrieffer continuou traballando sobre esta materia na Universidade de Birmingham, na Universidade de Chicago e na de Illiniois e no Instituto Niels Bohr de Copenhague. No ano 1961 foi designado profesor da Universidade de Philadelphia.

En 1972 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con John Bardeen e Leon Cooper, polos seus traballos conxuntos sobre a teoría da supercondutividade, coñecida como Teoría BCS.

En 1984 foi profesor de física teórica na Universidade de California. En 6 de novembro de 2005 Shrieffer foi comdenado a dous anos de prisión ao ser declarado culpable da morte dunha persoa nun accidente automobilístico causado o ano anterior, ingresando no R.J. Donovan Correctional de San Diego (California) o 26 de setembro de 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]