Aleksandr Mikhailovich Prokhorov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksandr Mikhailovich Prokhorov

Aleksandr Mikhailovich Prokhorov (en ruso: Александр Михайлович Прохоров) ( Atherton, Australia, 1916Moscova, Rusia, 2002 ) foi un físico e profesor universitario soviético galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1964.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Atherton, Queensland, nunha familia de inmigrantes rusos. Os seus pais volveron á Unión Soviética en 1923.

En xuño de 1941, empezou o seu servizo no Exército Vermello. Participou na Segunda Guerra Mundial e foi ferido dúas veces. Logo da súa segunda ferida en 1944, foi desmovilizado.

Aleksandr Prokhorov morreu o 8 de xaneiro de 2002 na cidade de Moscova.

Despois da súa morte a "Instituto de Física Xeral a Academia de Ciencias de Rusia" foi renomeada por "Instituto de Física Xeral A. M. Prokhorov da Academia de Ciencias de Rusia."

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Prokhorov (tamén coñecido como Alexander Prochorow, dependendo do sistema de deletreo) foi físico e profesor na Universidade Estatal de Moscova. En 1964 compartiu o Premio Nobel de Física con Nikolai Basov e Charles Hard Townes, polo seu traballo pioneiro en lasers e masers. Foi editor en xefe da Gran Enciclopedia Soviética desde 1969. Desde 1973 e ata 2001 Prokhorov foi presidente do Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]