Proxecto Gutenberg

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Project Gutenberg é un esforzo voluntario para dixitalizar, arquivar e distribuír obras culturais a través da dixitalización de libros. Fundado en 1971, é a mais antiga biblioteca dixital. A maioría dos elementos no seu acervo son textos completos de libros en dominio público. O proxecto tenta tornalos tan libres canto posíbel, en formatos duradeiros e abertos, que podan ser usados en practicamente calquera computador.

Índice

[editar] Historia

O Proxecto Gutenberg foi iniciado por Michael Hart en 1971. Hart, un estudante na Universidade de Illinois, obtivo acceso a un supercomputador Xerox Sigma V no Laboratorio de Investigación de Materiais da universidade. A través de uns operadores simpáticos, recebeu unha conta con unha cantidade de tempo de computación virtualmente ilimitada; o seu valor na altura ten sido calculado variabelmente entre os 100.000 ou 100.000.000 dólares. [1] Hart dixo que queria "retribuír" esta oferta facendo algo que puidese ser considerado de grande valor.

Este computador en particular era un de 15 nodos na rede de computadores que se tornaría a Internet. Hart acreditaba que un dia os computadores estarian accesíbeis ao público en xeral e decidiu disponibilizar obras de literatura en formato electrónico de graza. Usou unha copia da Declaración de Independencia dos Estados Unidos que tiña na sua mochila e este foi o primeiro texto-e do Proxect Gutenberg. Deu o nome ao proxecto en honra de Johannes Gutenberg, o impresor Alemán do século XV que impulsionou a revolución da prensa móbel.

En meados dos anos 1990, Hart xestionaba o Proxecto Gutenberg a partir do Colexio Beneditino de Illinois. Xuntaranse ao esforzo mais voluntarios. A maioría do texto era introducido manualmente até que os dixitalizadores de imaxes e os programas de recoñecemento óptico de caracteres foron mellorando e se tornaron mais largamente accesíbeis, o que tornou a dixitalización de libros mais factíbel. Hart chegou mais tarde a un acordo coa Universidade Carnegie Mellon, que concordou administrar as finanzas do Proxecto Gutenberg. À medida que o volume de textos electrónicos aumentaba, os voluntarios comezaron a tomar conta das operacións diarias que Hart viña executando.

En 2000 foi rexistada no Mississippi unha organización sen fins lucrativos, a Project Gutenberg Literary Archive Foundation, Inc., para xerir as necesidades legais do proxecto. As doazóns que lle son feitas son deductíbeis nos impostos. O voluntario de longa data do Proxecto Gutenberg, Gregory Newby, tornouse o primeiro presidente executivo da fundación. Tamén en 2000, Charles Franks fundou o Distributed Proofreaders, que permitiu que a revisión dos textos dixitalizados fose feita de unha forma distribuída, entre varios voluntarios pola Internet. Este esforzo aumentou enormemente o número e a variedade de textos que son adicionados ao Proxecto Gutenberg, ben como tornou mais fácil para os novos voluntarios comezaren a contribuir. En 2006, os mais de 9.600 libros producidos polo DP comprendian mais de 45% dos mais de 20.000 libros do Proxecto Gutenberg.

Pietro Di Miceli, un voluntario Italiano, desenvolveu e administrou o primeiro sitio do Proxecto Gutenberg e iniciou o desenvolvemento do primeito Catálogo en Liña do Proxecto. Nos seus dez anos neste papel (1994–2004), as páxinas do Proxecto gañaron un grande número de premios, sendo moitas veces recomendadas en listas dos "mellores da Rede" e contribuíndo para a popularidade do Proxecto.[2]

Con início en 2004, un catálogo en liña mellorado tornou os contidos do Proxecto mais fáciles de navegar, acceder e ligar.

O Proxecto Gutenberg é agora hospedado polo ibiblio na Universidade da Carolina do Norte en Chapel Hill.

[editar] Albo do acervo

En 2006, o Proxecto Gutenberg afirmaba ter mais de 20.000 itens no seu acervo, con unha media de mais de 50 novos libros-e adicionados semanalmente. [3]

Estes son sobre todo obras da literatura da tradición cultural Occidental. Para alén de literatura tal como novelas, poesía, contos e teatro, o Proxecto Gutenberg tamén ten libros de culinaria, obras de referencia e partes de periódicos. O acervo do Proxect Gutenberg tamén ten algúns itens non-textuais tales como ficheiros de audio e partituras musicais.

A maioría dos lanzamentos son en Inglés, mas existen tamén números significativos en outras linguas. En Agosto de 2006, as linguas distintas do Inglés mais representadas eran (por orden): Francés, Alemán, Finlandés, Neerlandés, Español e Portugués.

Sempre que posíbel, os lanzamentos do Gutenberg están dispoñíbeis en texto puro, sobre todo utilizando a codificación de caracteres ASCII mas frecuentemente estendida para ISO-8859-1. tamén poden ser lanzados outros formatos cando enviados polos voluntarios, sendo o mais común o HTML. Os formatos que non son facilmente editábeis, como o PDF, non son normalmente considerados conformes aos obxectivos do Proxecto Gutenberg, embora algúns teñan sido acrecentados ao acervo. Hai anos que existen discusións sobre a utilización de algún tipo de XML porén os progresos canto a ese asunto teñen sido lentos.

[editar] Ideais

Michael Hart dixo en 2004, "A misión do Proxecto Gutenberg é simple: 'Encoraxar a creación e distribución de libros electrónicos.'" [4]

Un lema do proxecto é "quebrar as barras da ignorancia e da iliteracia" visto que os seus voluntarios tencionan continuar a propagar a literacia do público e o aprezo polo patrimonio literario, tal como as bibliotecas públicas comezaran a facer nos finais do século XIX.

O Proxecto Gutenberg é conscientemente descentralizado. Por exemplo, non existe ningunha política de selección que dite cales os textos que deven ser adicionados. En vez diso, os voluntarios traballan individualmente naquilo en que están interesados ou que teñen dispoñíbel. O acervo do Proxecto Gutenberg destinase a conservar os itens a longo prazo de forma a que non se podan perder por un accidente localizado. Nun esforzo para asegurar isto, toda a colección é salvagardada regularmente e espellada en servidores en varios locais diferentes.

[editar] Cuestións de dereitos autorais

O Project Gutenberg é moi cauteloso a verificar o estado dos seus libros electrónicos de acordo coo Dereito Autoral dos Estados Unidos da América. Os materiais apenas son acrecentados ao arquivo do Proxecto Gutenberg despois de receber unha clarificación de dereitos autorais, e os rexistos desas clarificacións son gardados para referencia futura.

Ao contrario de algúns outros proxectos de bibliotecas dixitais, o Proxecto Gutenberg non invoca novos dereitos autorais sobre os títulos que publica. En vez diso, encoraxa a sua reprodución e distribución libres.

A maioría dos libros no acervo do Proxecto Gutenberg son distribuídos en dominio público baixo as leis de dereitos autorais dos Estados Unidos. A licenza incluída en cada libro electrónico coloca algunhas restricións ao que pode ser feito cos textos (tal como distribuílos de unha forma modificada ou para fins comerciais) desde que a marca rexistrada "Project Gutenberg" sexa utilizada. Se o cabezallo for removido e a marca rexistrada non for utilizada, entón os textos en dominio público poden ser reutilizados sen ningunha restrición.

Tamén existen algúns textos protexidos por dereitos autorais que o Proxecto Gutenberg distribue con unha autorización. Estes están suxeitos a mais restricións, especificadas polo detentor dos dereitos autorais.

En 1998 a Sonny Bono Copyright Term Extension Act estendeu a duración dos dereitos autorais xa existentes por mais 20 anos. Isto impediu o Proxecto Gutenberg de acrecentar moitos títulos que, de outro modo, estarían en dominio público nos Estados Unidos.

[editar] Críticas

O Proxecto Gutenberg ten sido criticado pola falta de rigor escolástico nos seus textos electrónicos: por exemplo, nos detalles inadecuados cuanto ás edicións usadas e na omisión de prefacios orixinalmente publicados e dispositivos críticos. Unha melloría de marca na preservación dese tipo de texto pode ser encontrada comparando os primeiros textos con os mais recentes; a maior parte dos novos textos electrónicos preserva a información da edición e os prefacios. As edicións tamén non son as mais recentes edicións escolares, unha vez que estas edicións mais tardías non están normalmente no dominio público.

O Project Gutenberg exixe que todos os seus textos electrónicos inclúan unha versión en texto puro en ASCII sempre que iso sexa factíbel, acreditando que ese é o formato mais probabelmente lexíbel nun futuro alargado. (Non exixen unha versión en texto puro en ASCII para matemática ou linguas que sexan dificiles de representar en ASCII.) O Proxecto Gutenberg tamén inclue unha variedade de formatos normalmente abertos xuntamente con os ASCII e xerados a partir destes.

[editar] Proxectos Afiliados

Todos os proxectos afiliados son organizacións independentemente que partillan os mesmos ideais e foilles dada permisión para utilizaren a marca rexistrada Project Gutenberg. Teñen normalmente un enfoque nacional ou lingüístico especial.

  • Project Gutenberg Australia aloxa moitos textos que están no dominio público de acordo coo Dereito Autoral Australiano, mas ainda protexidos por dereitos autorais (ou en estado incerto) nos Estados Unidos, con enfoque nos escritores Australianos e libros sobre a Australia.
  • PG-EU é un proxecto-irmán que opera baixo os dereitos autorais da Unión Europea. Un dos seus obxectivos é incluír tantas linguas cuanto posíbel no Proxecto Gutenberg. Funciona en Unicode para asegurar que todos os alfabetos podan ser representados fácil e correctamente.
  • Project Gutenberg of the Philippines [1] "pretende disponibilizar tantos libros cuanto posíbel para tantas persoas cuanto posíbel, con enfoque especial nas Filipinas e nas linguas Filipinas.
  • Proxect Gutenberg Europe [2] é un proxecto xerido polo Proxect Rastko na Sérvia e Montenegro. Pretende ser un Proxect Gutenberg para toda a Europa, e comezou a publicar os seus primeiros proxectos en 2005. Corre o programa Distributed Proofreaders para producir rapidamente textos electrónicos.
  • Proxect Gutenberg Luxembourg [3] publica sobretudo, mas non exclusivamente, libros que escritos en Luxemburgués.
  • Proxect Gutenberg Consortia Center [4] é un afiliado que se especializa na colección de acervos. Estas non tén a supervisión editorial ou a consistencia de formatación do Proxecto Gutenberg principal. están representadas coleccións temáticas ben como inúmeras línguas.
  • Proxekti Lönnrot [5] é un proxecto iniciado por voluntarios do Proxecto Gutenberg Finlandés.

A pesar de ter sido dada autorización para utilizar o nome Gutenberg ao Projekt Gutenberg-DE hai alguns anos, nin todos o consideran un proxecto afiliado devido ás súas diferenzas filosóficas. O Projekt Gutenberg-DE invoca dereitos autorais nos seus produtos e limita o aceso a versións dos seus textos navegábeis pola Internet.

Para unha lista de outros proxectos semellantes, alguns dos cales se inspiraran no Proxecto Gutenberg, vexa unha lista de bibliotecas dixitais.


[editar] Notas

  1. Michael Hart. Historia e Filosofia do Proxect Gutenberg.
  2. Créditos.
  3. De acordo con o gutindex-2006, foron publicados 1.653 novos itens no Proxecto Gutenberg nas primeiras 33 semanas de 2006. Isto fai unha media de 50,09 por semana. Isto non inclui acrecentamentos a proxectos afiliados.
  4. Declaración de Misión do Proxect Gutenberg, Actualizado a23 de Outubro de 2004

(O Project Gutenberg chama aos seus produtos "livros electrónicos" e ese termo é aquí utilizado. O termo correspondente utilizado na Wikipedia é libro dixital.

[editar] Véxase Tamén

[editar] Ligazóns Externas

  • Sítio OficialVersão Portuguesa
  • Distributed Proofreaders un grupo de voluntarios editores espallados polo mundo que é agora a principal fonte de livbros electrónicos do Projecto Gutenberg
  • HTML Writers Guild fornece aconsellamento sobre a utilización da marcación XHTML e XML para o Project Gutenberg
  • Obras do Projecto Gutenberg no Projecto Gutenberg (note que moitas destas foram renomeados para Project Gutenberg por cuestións relacionadas coa marca rexistrada e non son orixinais co projecto)
  • GutenMark — unha ferramenta para crear automaticamente marcacións HTML ou LaTeX de alta cualidade para os textos electrónicos do Project Gutenberg. (non afiliado do Proxecto Gutenberg)
  • GutenPy — un lector de texto de código aberto e navegador do catálogo fora de liña do Proxecto Gutenberg escrito com pythonGTK para Windows e Linux. (non afiliado do Proxecto Gutenberg)
  • Flippin — un lector de texto comercial e navegador do catálogo fora de liña do Projecto Gutenberg para Windows ((non afiliado do Proxecto Gutenberg)
  • Text to iPod notes converter — Programa usado para transferir ficheiros do Gutenberg para um Ipod na sua plenitude. (non afiliado do Proxecto Gutenberg).
Ferramentas persoais