William Alfred Fowler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

William Alfred "Willie" Fowler, nado en Pittsburgh, EUA o 9 de agosto de 1911, finado en Pasadena o 14 de marzo de 1995, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1983.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou física na The Ohio State University e conseguiu o doutorado en física nuclear no Instituto Tecnolóxico de California.

A publicación en 1957 do seu artigo Synthesis of the Elements in Stars, realizado con Margaret Burbidge, Geoffrey Burbidge e Fred Hoyle, conseguiu explicar como a abundancia de todos os elementos químicos nas estrelas podían ser explicados polo proceso de nucleosíntese.

Fowler gañou o Henry Norris Russell Lectureship da Sociedade Astronómica Americana en 1963, a medalla Eddington en 1978, a medalla Bruce en 1979 e, finalmente en 1983, foi recoñecido co Premio Nobel de Física polos seus estudos sobre os procesos importantes na estrutura e evolución das estrelas, premio que compartillou co físico indio Subrahmanyan Chandrasekhar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]