Gustaf Dalén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nils Gustaf Dalén

Nils Gustaf Dalén, nados en Stenstorp, Suecia en 1869 e finado en Estocolmo en 1937, foi un enxeñeiro e físico sueco, galardoado co Premio Nobel de Física en 1912.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tomou as rendas da granxa familiar, que ampliou para incluír unha tenda de artigos de xardín, tenda de sementes e unha leitería.

En 1892 inventou un testador da graxa do leite, que comprobaba a calidade do leite entregado.

Gustaf de Laval quedou impresionado polo autodidacta Dalén e animouno a que comezase a estudar. Estudou enxeñería na Chalmers tekniska högskola (Universidade de Tecnoloxía de Chalmers) de Gotemburgo, onde conseguiu o grao de Mestre, e se doctorou en 1896.

Dalén casou con Elma Persson en 1901, e tiveron dúas fillas e dous fillos.

Faleceu o 9 de decembro de 1937 en Estocolmo á idade de 68 anos.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Realizou investigacións sobre a turbina de gas e perfeccionou a turbina de vapor Laval. Inventou un acumulador non explosivo de acetileno capaz de absorber grandes cantidades deste gas e unha válvula automática para regular o gas fornecido aos farois.

Foi fundador da empresa AGA, AB (fundada como AB Gas-accumulator and AB Svenska Gasaccumulator), integrada no ano 2000 no grupo empresarial Linde AG.

Foi galardoado co premio Nobel de Física de 1912 polo seu invento da chamada «válvula solar» (Solventil), capaz de acender e apagar de forma automática a chama dos farois nos atardeceres e amenceres, que se aplicou de forma inmediata nos farois illados.

Pouco antes de obter o premio Nobel quedou cego como consecuencia dunha explosión durante a realización dun dos seus experimentos, e especulouse sobre a influencia que este feito puido ter na obtención do premio.

A pesar da súa cegueira, seguiu dirixindo AGA ata 1937.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]