Pieter Zeeman
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa física que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Pieter Zeeman foi un físico holandés que naceu no ano 1865 na pequena vila de Zonnemaire nos Países Baixos.
[editar] Traxectoria
Despois de rematar os seus estudos primarios marchou a estudiar a Delft durante dous anos, onde recibiu formación en linguas clásicas. Entrou na Universidade de Leyden no ano 1885 e non tardou en entrar en contacto con Heike Kamerlingh Onnes, Premio Nobel de Física no ano 1913, quen foi mestre seu durante doce anos. O interese e a paixón do xoven Zeeman pola experimentación axiña marabillou ao seu mestre e foi o froito dunha amizade entre os dous científicos que traería grandes éxitos. Algún ano despois tamén entrou en contacto con outro físico, Lorentz, que traballaba en temas de física experimental. No ano 1893 acadou o título de doutor e marchou a traballar ao Instituto F. Kohlrausch en Estrasburgo, onde traballou con E. Cohn durante seis meses. Mais voltou a Leyden cunha praza de docente que mantivo ata o 1897, ano no que publicou o seu gran traballo, polo que pasou a historia da física e da ciencia, "a división magnética das liñas do espectro electromagnético", tamén coñecido por Efecto Zeeman. Grazas a este traballo no ano 1902, recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Lorentz. No ano 1908 trasladouse á Universidade de Amsterdam onde sustituiu como director do Laboratorio de Física a Van der Waals (Premio Nobel de Física no ano 1910), que se xubilaba.
[editar] Véxase tamén
| Predecesor: Wilhelm Röntgen |
Premio Nobel de Física 1902 con Hendrik Lorentz |
Sucesor: Henri Becquerel, Pierre Curie, Marie Curie |