Louis de Broglie
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Profesión: | Físico |
|---|---|
| País: | |
| Nado en: | 16 de agosto de 1892 |
| Lugar: | Dieppe, Francia |
| Faleceu en: | 19 de marzo de 1987 |
| Lugar: | París, Francia |
Louis-Victor-Pierre-Raymond, xeralmente coñecido por Louis de Broglie (Dieppe, 15 de agosto de 1892 - Louveciennes, 19 de marzo de 1987) foi un físico francés, introdutor do concepto de onda de materia.
Pertencia a unha familia nobre francesa, e tivo parentes na política, na diplomacia e na carreira militar. Cursou Física teórica na Sorbonne, doutorandose en 1924.
En 1929 foi laureado co Premio Nobel de Física, por súa descoberta da natureza ondulatoria do electrón.