J. Hans D. Jensen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
J. Hans D. Jensen
Nome completoJohannes Hans Daniel Jensen
Nacemento25 de xuño de 1907 e 1907
Lugar de nacementoHamburgo
Falecemento11 de febreiro de 1973
Lugar de falecementoHeidelberg
NacionalidadeAlemaña do Oeste e Reich alemán
Alma máterUniversidade de Hamburgo e Universidade de Kiel
Ocupaciónfísico, profesor universitario e científico nuclear
PremiosPremio Nobel de Física e Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany
Na rede
Musicbrainz: 451ae5e3-1023-41bf-afb0-480375838296 WikiTree: Jensen-19453 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Johannes Hans Daniel Jensen, nado en Hamburgo o 25 de xuño de 1907 e finado en Heidelberg o 11 de febreiro de 1973, foi un físico alemán, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1963.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na Universidade de Hamburgo para estudar física no ano 1926. Profesor do Instituto Tecnolóxico de Hannover desde 1937 ao 1941, en 1949 foi nomeado profesor de física na Universidade de Heidelberg.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

En 1930 iniciou os seus traballos ao redor do núcleo atómico, conseguindo unha análise empírica deste en 1939. Durante os anos 40 realizou estudos sobre este núcleo atómico, chegando ás mesmas conclusións que a físico polaco-norteamericana Maria Göppert-Mayer sobre a estrutura nuclear orbital.

En 1963 Jensen e Göppert-Mayer foron galardoados, xunto con Eugene Paul Wigner aínda cando por traballos diferntes, co Premio Nobel de Física.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]