Adam Riess

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdam Riess
Nome orixinal(en) Adam Riess Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodecembro de 1969
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEEUU
País de nacionalidadeNorteamericana
EducaciónUniversidade Harvard
Universidade de California, Berkeley
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Director de teseRobert Kirshner (pt) Traducir e William H. Press (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porEnerxía escura, Aceleración da expansión do Universo
Actividade
Campo de traballoAstronomía
Ocupaciónastrónomo , físico , catedrático , astrofísico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Johns Hopkins
Universidade de California en Berkeley
Space Telescope Science Institute (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsGail Saltz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física (2011)

Adam Riess, nado en Washington, D.C. en decembro de 1969, é un astrofísico estadounidense, coñecido polas súas investigacións en cosmoloxía a través do estudo das supernovas. Membro da Universidade Johns Hopkins e do Instituto de Ciencias do Telescopio Espacial (Space Telescope Science Institute). Riess é Premio Nobel de Física 2011 xunto con Saul Perlmutter e Brian Schmidt polos seus traballos que demostran a aceleración da expansión do universo. Tamén en 2006 foi galardoado co premio Shaw de astronomía por esta mesma causa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Riess graduouse no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1992. Doutorouse en Física pola Universidade Harvard en 1996 e a súa tese foi supervisada por Robert Kirshner e presentou os resultados nas medidas de ó redor dunha vintena de estrelas supernova clase Ia situadas no universo profundo, realizando un método para calcular distancias, así como a súa calibración, desa forma, axudou a corrixir a extinción lumínica como consecuencia da densidade de po estelar, medindo inhomoxeneidades no tecido cosmolóxico e en consecuencia chegou á conclusión de que o universo en expansión está a ser acelerado desde hai polo menos dez mil millóns de anos.

Traballos de investigación[editar | editar a fonte]

Riess foi bolseiro Miller na Universidade de California (Berkeley) antes de ingresar no Instituto de Ciencias do Telescopio Espacial (Space Telescope Science Institute) en 1999. Chegando en 2005 á súa posición actual na Universidade Johns Hopkins.

Riess iniciou as súas investigacións en 1998 no equipo de investigación High-Z Supernova onde achegou evidencias de que a expansión do universo estase a acelerar, corroborado posteriormente polo proxecto Supernova de Cosmoloxía (Supernovae Cosmology Proyect) liderado por Perlmutter.

Riess liderou o equipo de investigación antes mencionado para traballar co telescopio espacial Hubble para obter datos dunha vintena das supernovas máis distantes.

O seu equipo indagou até profundidades de máis de 10 000 millóns de anos-luz. O obxectivo foi atopar e detectar nunha fase temperá algún decaemento na expansión cósmica a través da observación de estrelas supernovas distantes para comparar os seus brillos relativos e a extinción do brillo destas. Desta forma confírmase a interpretación do modelo teórico sobre a existencia de enerxía e materia escura.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Saul Perlmutter, Riess e Brian Schmidt sendo galardoados co premio Shaw 2006 en astronomía. En 2011 foron premiados co Nobel de Física.
  • 1999 - Galardón Trumpler da Sociedade Astronómica do Pacífico.
  • 2001 - Premio Bok da Universidade Harvard.
  • 2003 - Premio Helen B. Warnet da Sociedade Astronómica Americana.
  • 2004 - Premio Sackler de Raymond e Beverly polo descubrimento da aceleración cósmica.
  • 2006 - Premio Shaw de Astronomía (dotado con 1 millón $ -USD-) e compartido con Saul Perlmutter e Brian P. Schmidt pola súa contribución ó descubrimento da aceleración cósmica, o mesmo equipo que obtivo o premio Nobel de Física 2011.[1]
  • 2008 Mención como "Xenio" do Premio MacArthur.
  • 2009 Elixido para a Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[2]

Schmidt e todos os membros do equipo High-Z (definidos como co-autores dos traballos de Riess en 1998) compartiron o Premio Gruber 2007 en Cosmoloxía dotado con medio millón de dólares norteamericanos, xunto co equipo de investigación Proxecto Supernova Cosmoloxía (o equipo definido como co-autores de Perlmutter en 1999) polos seus descubrimentos na aceleración da expansión do universo.

  • 2011 - Foi mencionado para obter a Medalla Albert Einstein xunto con Saul Perlmutter

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]