Clinton Davisson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clinton Joseph Davisson
Clinton Joseph Davisson (esquerda) xunto a Lester Halbert Germer (dereita).
Datos persoais
Nacemento22 de outubro de 1881
LugarBloomington, Illinois
Falecemento1 de febreiro de 1958 (76 anos)
LugarCharlottesville
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
CónxuxeCharlotte Richardson
Fillos4
Actividade
Campofísica
Alma máterUniversidade de Chicago
Director de teseOwen Willans Richardson
Contribucións e premios
PremiosMedalla Hughes (1935)
Premio Nobel (1937)
editar datos en Wikidata ]

Clinton Joseph Davisson, nado en Bloomington (Illinois) o 22 de outubro de 1881 e finado en Charlottesville o 1 de febreiro de 1958, foi un físico estadounidense, gañador do Premio Nobel de Física en 1937 xunto a George Paget Thomson.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1902 graduouse na escola secundaria de Bloomington, e entrou, grazas a unha bolsa na Universidade de Chicago. Grazas á recomendación de Robert A. Millikan, en 1905 Davisson foi contratado na Universidade de Princeton como profesor de física. En 1908 obtivo o seu Bachelor of Sciences no cal traballou principalmente durante os veráns, xa que durante o resto do ano traballaba en Princetown. Mentres traballaba como mestre nesa mesma universidade, fixo a súa tese doutoral con Owen Richardson. En 1911 obtivo o seu doutoramento en física pola universidade de Princeton; o mesmo ano no que casou con Charlotte, irmá de Richardson coa que tivo catro fillos.

É coñecido polas investigacións que levou a cabo nos campos da electricidade, o magnetismo e a enerxía radiante.

De 1916 a 1946 traballou no departamento técnico de Telephone Bell Laboratories. En 1927, en colaboración con Lester Halbert Germer, descubriu a difracción dos electróns polos corpos cristalinos, o que serviu para confirmar experimentalmente as teorías da mecánica ondulatoria.

Por estes traballos foi galardoado en 1937 co premio Nobel de Física, compartido con George Paget Thomson.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]