George Smoot
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Fitzgerald Smoot III, nado en Yukon en 1945, é un físico e astrónomo estadounidense. É doutor en Física polo MIT e Profesor de Física na Universidade de Berkeley en California.
Traxectoria [editar]
Foi galardoado, xunto con John C. Mather, co Premio Nobel de Física en 2006.
A súa principal contribución foi o estudo da radiación de fondo de microondas mediante o satélite artificial COBE demostrando que pouco despois do Big Bang existían no Universo irregularidades que foron as sementes da posterior formación das galaxias.