Robert Coleman Richardson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Coleman Richardson

Robert Coleman Richardson, nado o 26 de xuño de 1937 en Washington D.C., é un físico estadounidense laureado co Premio Nobel de Física.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Asistiu á Universidade Virginia Tech. Doutorouse na Duke University en 1965. En 2010 era profesor na Universidade de Cornell. Compartiu en 1996 o Premio Nobel de Física con David Morris Lee e Douglas D. Osheroff polo descubrimento da superfluidez no helio-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]