George E. Smith
George E. Smith |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 10 de maio de 1930 White Plains (EEUU) |
||
| Residencia | EEUU | ||
| Nacionalidade | Norteamericana | ||
| Campo | Física | ||
| Alma mater | Universidade de Chicago Universidade de Pennsylvania |
||
| Coñecido por | CCD | ||
|
|||
George Elwood Smith, nado en White Plains, Nova York o 10 de maio de 1930, é un físico estadounidense, coinventor xunto a Willard Boyle do sensor CCD, invención pola cal foron galardoados co Premio Nobel de Física de 2009.[1]
Smith comezou os seus estudos na Universidade de Pennsylvania, en 1955, e obtivo o seu doutoramento na Universidade de Chicago en 1959, disertando sobre un guion de só tres páxinas. Traballou nos Laboratorios Bell, en Murray Hill (Nova Jersey), desde 1959, até a súa xubilación en 1986, onde dirixiu investigacións sobre láseres e dispositivos semiconductores. Durante toda a súa carreira, Smith conseguiu ducias de patentes e dirixiu o departamento de VLSI de Bell.
En 1969, Smith e Willard Bayle inventaron o CCD, polo cal recibiron a medalla Stuart Ballantine do instituto Franklin, en 1973. Tamén recibiron o premio Memorial Morris N. Liebmann do IEEE, o premio Charles Stark Draper en 2006, e por último, o premio Nobel de Física en 2009.
Boyle e Smith son grandes navegantes, que realizaban habitualmente travesías xuntos. Despois da súa xubilación, Smith, navegou ó redor do mundo coa súa esposa Janet, durante cinco anos.
Actualmente reside en Waretown, Nova Jersey.
Notas [editar]
- ↑ El País (7 de outubro de 2009). "Nobel para os impulsores da fotografía dixital e a fibra óptica". http://www.elpais.com/articulo/futuro/nobel/impulsores/fotografia/digital/fibra/optica/elpepusocfut/20091007elpepifut_1/tes. Consultado o 12 de outubro de 2009.