Lev Landau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lev Landau

Lev Davidovich Landau (en ruso: Лев Давидович Ландау) ( Bakú, Rusia 1908 - Moscova, URSS 1968 ) foi un físico e matemático soviético galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1962.


Índice

Biografía [editar]

Naceu o 22 de xaneiro de 1908 na cidade de Bakú, hoxe en día capital de Azerbaixán pero naqueles momentos parte do Imperio Ruso, nunha familia de ascendencia xudía. Cando era novo tivo interese nas matemáticas, ingresando en 1922 na Universidade de Bakú estudando á vez física, matemáticas e química. En 1924 trasladouse á Universidade de Leningrado e en 1927 licenciouse en física.

Morreu a 1 de abril de 1968 na cidade de Moscova.

A escola Landau [editar]

En 1929 realizou unha viaxe a Copenhaguen para coñecer a Niels Bohr co cal discutiu longamente sobre física teórica, introducindo a gran tradición na física teórica na Unión Soviética. Tivo un amplo campo de traballo, que inclúe a teoría da superconductividade e a superfluidez, a electrodinámica cuántica, a física nuclear e a física de partículas. Foi a cabeza da división teórica do Instituto para os Problemas Físicos a partir de 1937, cargo que ocupou ata o ano 1962 que, como resultado dun accidente de coche no cal sufriu lesións das cales nunca se recuperou, renunciou ao seu cargo. Baixo as súas ordes tivo un bo grupo de investigadores como Lev Pitaevskii, Alexei Alexeevich Abrikosov, Evgeny Lifshitz, Lev Gorkov, Isaak Khalatnikov ou Boris Ioffe.

Foi arrestado por mandato de Josef Stalin e Lavrenti Beria durante a Gran Purga de 1938, sendo expulsado de Moscova entre o 27 de abril daquel ano e o 29 de abril de 1939, tras a intervención do físico Pyotr Kapitsa.

Obtivo o Premio Nobel de Física no ano 1962 pola súa teoría da materia condensada, en particular do helio líquido. En compañía de Evgeny Lifshitz realizou unha gran tarefa de difusión científica a través de series de libros de texto.

Recoñecementos [editar]

En honra súa denominouse o cráter Landau da Lúa así como o asteroide (2142) Landau descuberto o 3 de abril de 1972 por Lyudmila Chernykh.

Ligazóns externas [editar]