Igor Tamm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igor Tamm.

Igor Ievguènievitx Tamm (en ruso И́горь Евге́ньевич Та́мм), nado en Vladivostok o 8 de xullo de 1895 e finado en Moscova o 12 de abril de 1971, foi un físico soviético galardoado en 1958 co Premio Nobel de Física.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo ben pequeno trasladouse xunto coa súa familia a Kirovohrad, situada hoxe en día en Ucraína. En 1918 iniciou os seus estudos de física na Universidade de Edimburgo xunto con Borís Hessen, que continuou posteriormente na Universidade de Moscova, onde se graduou no ano 1918. En 1928 Igor Tamm colaborou durante uns meses con Paul Ehrenfest na Universidade de Leiden.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

En 1958 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Pavel Cherenkov e Ilya Frank, polo descubrimento e a interpretación da Radiación Cherenkov. Tamm e Frank realizaron a explicación teórica sobre o modelo exposto por Pavel Txerenkov, denominada Radiación Cherenkov, no cal este modelo sucede cando as partículas viaxan nun medio opticamente transparente a unha velocidade maior que a velocidade da luz neste propio medio.

Posteriormente o Premio Nobel da Paz Andrei Dmitrievich Sakharov propuxo a Tamm o confinamento de plasma extremadamente ionizado por campos magnéticos como método de control da fusión termonuclear.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]