Johannes Diderik van der Waals

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johannes Diderik van der Waals

Johannes Diderik van der Waals (Leiden, Países Baixos; 23 de novembro de 1837 - Ámsterdan, Países Baixos; 8 de marzo de 1923), físico holandés, especialista en Termodinámica. Premio Nobel de Física en 1910.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo dun carpinteiro, Johannes Diderik cursou a carreira de mestre de escola e exerceu como tal. Anos despois, dispensado da acreditación en linguas clásicas, estudou na Universidade da súa cidade natal (1862-1865), licenciándose en Matemáticas e Física. Doutorase en Física en 1873. Foi profesor na Universidade de Amsterdam entre 1877 e 1908. Investigou os estados líquido e gasoso da materia. Van der Waals observou que a ecuación de estado dos gases perfectos ou ideais (PV = nRT) supón que as moléculas dun gas non ocupan espazo e máis que non se atraen mutuamente. Mentres, nos gases reais isto non se compre. Para dar conta desta anomalía, van der Waals introduciu correctores e duas constantes, aplicabeles segundo o gas. Esta reformulación sería denominada ecuación de van der Waals.

Así mesmo hai as forzas de van der Waals, denominación aplicada as forzas de atracción intermoleculares dos gases reais.

Johannes van der Waals recibiu o Premio Nobel de Física en 1910 "polos seus traballos sobre o estado de gases e líquidos".