Joule
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xulio.
O joule (de símbolo J) é a unidade de enerxía e traballo no SI, e é definida como 1 kg × m2 × s-2 = 1 N × m = 1 W × s.
Un joule é o traballo necesario para exercer a forza dun newton durante unha distancia dun metro. Esa mesma cantidade podería ser dita coma un newton metro. Porén, para evitarmos confusión, o newton metro é normalmente usado coma unidade de medida de torque, e non para enerxía. Outro exemplo do que é un joule sería o traballo necesario para levantar unha masa de 102 g (unha pequena mazá) á altura dun metro, baixo a gravidade terrestre.
Un joule é tamén o traballo feito para producir enerxía dun watt por un segundo, como cando alguén leva un segundo para erguer a pequena mazá do exemplo a un metro baixo a gravidade terrestre.
1 joule é equivalente a:
- 0,000000278 kilowatts hora
- 0,239 calorías
- 1 W.s (watt segundo)
- 1 N.m (newton metro)
- 10.000.000 ergs