Karl Alexander Müller
| Profesión: | Físico |
|---|---|
| País: | |
| Nado en: | 27 de abril de 1927 |
| Lugar: | Basilea, Suíza |
Karl Alexander Müller é un físico suízo que recibiu, xunto con Johannes Georg Bednorz, o Premio Nobel de Física de 1987, polas súas investigacións coas cerámicas supercondutoras.
Biografía [editar]
Müller naceu o 20 de abril de 1927 na cidade suíza de Basilea, pero a súa familia rapidamente se mudou á cidade austríaca de Salzburgo, onde seu pai estudaba música.
El e súa nai trasladáronse a Dornach, cerca de Basilea, á casa dos seus avós. Despois foron para Lugano, na rexión suíza italiana. A súa nai morreu en 1938, cando tiña once anos, sendo logo enviado a un colexio evanxélico na poboación de Schiers, no leste de Suíza. Aquí estudará durante sete anos, de 1938 a 1945, obtendo o Bacharelato.
En 1945 ingresou na Escola Politécnica Federal de Zúric, onde estudou electrónica e recibiu clases por parte de Wolfgang Pauli. En 1957 conseguiu o doutorado.
En 1956 casou con Ingeborg Marie Louise Winkler. Tiveron un neno, Eric, en 1957, e unha nena, Silvia, en 1959.