Norman Foster Ramsey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Norman Foster Ramsey, Jr., nado o 27 de agosto de 1915 en Whashington, finado o 4 de novembro de 2011, foi un físico e profesor estadounidense.

Profesor de física na Universidade Harvard desde 1947, Ramsey tamén ocupou postos tanto no goberno como en axencias internacionais tales como a OTAN ou a United States Atomic Energy Commission. Recibiu en 1989 o Premio Nobel de Física pola invención do método dos campos oscilatorios separados, o cal ten importantes aplicacións na construción do reloxo atómico. Ramsey compartiu o premio con Hans G. Dehmelt e Wolfgang Paul.[1]

Ramsey obtivo o seu B.A. e Ph.D. en física pola Universidade de Columbia en 1935 e 1940, respectivamente. Alí quedou como membro da facultade de Columbia até 1947, cando foi enviado a Harvard.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Autobiografía na web oficial da Fundación Nobel Consultado o 15 de decembro de 2011. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]