Heike Kamerlingh Onnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heike Kamerlingh Onnes

Heike Kamerlingh Onnes, nado en Groninga o 21 de setembro de 1853 e finado en Leiden o 21 de febreiro de 1926, foi un físico holandés, descubridor da supercondutividade e galardoado co Premio Nobel de Física en 1913.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1871 a 1873 estudou na Universidade de Heidelberg, onde foi alumno de Robert Bunsen e Gustav Kirchhoff, doctorándose na Universidade de Groninga en 1879. Foi profesor na Escola Politécnica de Delft entre 1878 e 1882, posto que abandonou ese ano para ser profesor de física na Universidade de Leiden ata a súa xubilación en 1923.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Paul Ehrenfest, Hendrik Lorentz, Niels Bohr e Heike Kamerlingh Onnes en 1919 no Laboratorio Crioxénico de Leiden

Influenciado polo traballo do seu compatriota Johannes Diderik van der Waals, deduciu unha das ecuacións de estado aplicable aos gases, que leva o seu nome. Así mesmo, estudou as propiedades termodinámicas dos gases e líquidos nunha ampla escala de presións e temperaturas. En 1894 fundou o Laboratorio Crioxénico de Leiden, que actualmente leva o seu nome. Investigou os efectos do frío extremo en numerosos gases e metais.

En 1908 conseguiu licuar helio a baixa temperatura por primeira vez, aínda que non conseguiu solidificalo, feito que sucedeu en 1926 da man dos seus discípulo Willem Hendrik Keesom. Descubriu (en 1911) a case total ausencia de resistencia ao paso da electricidade de certas sustancias (mercurio, chumbo) a temperaturas próximas ao cero absoluto, fenómeno coñecido como superconductividade.

En 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Física por, en palabras do comité, "as súas investigacións nas características da materia a baixas temperaturas que permitiron a produción do helio líquido".

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa honra bautizouse o cráter Kamerlingh Onnes da Lúa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Heike Kamerlingh Onnes