Pierre Curie
Pierre Curie |
|||
|---|---|---|---|
![]() Pierre Curie |
|||
| Nacemento | 15 de maio de 1859 París, |
||
| Morte | 19 de abril de 1906 París, |
||
| Residencia | Francia | ||
| Nacionalidade | Francesa | ||
| Campo | Física | ||
| Cónxuxe | Marie Curie | ||
| Coñecido por | Radioactividade Piezoelectricidade Temperatura de Curie |
||
| Influído por | Marie Curie | ||
|
|||
| Foi marido e pai das tamén Premio Nobel Marie Curie e Irène Joliot-Curie, respectivamente. | |||
Pierre Curie, nado en París o 15 de maio de 1859 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1906, foi un físico francés, pioneiro no estudo da radiactividade. Casado con Marie Curie, foi pai da tamén científica Irene Curie e da escritora e pianista Eve Curie.
Traxectoria [editar]
Obtivo o premio Nobel de Física coa súa muller Marie Curie, outra famosa física, en 1903 en recoñecemento dos extraordinarios servizos prestados en conxunto nas súas investigacións sobre a radiación descuberta polo profesor Henri Becquerel.
Descubriu a piezoelectricidade en 1880, estudou o magnetismo, e enunciou en 1894 o principio universal de simetría: as simetrías presentes nas causas dun fenómeno físico tamén se atopan nas súas consecuencias.
Morreu a raíz dun accidente en 1906, ao ser esmagada a súa cabeza polas rodas dun carro. Iso evitou seguramente a morte por efectos da radiación que agardou á súa muller posteriormente.
Véxase tamén [editar]
| Predecesor: Hendrik Lorentz Pieter Zeeman |
Premio Nobel de Física 1903 con Marie Curie e Henri Becquerel |
Sucesor: John William Strutt |
Ligazóns externas [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
