Cecil Frank Powell
| Cecil Frank Powell | |||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 5 de decembro de 1903 Tonbridge, Kent, Inglaterra |
||
| Morte | 9 de agosto de 1969 Bellano, Lombardia, Italia |
||
| Campo | |||
|
|||
Cecil Frank Powell, nado o 5 de decembro de 1903 e finado o 9 de agosto de 1969 foi un físico británico.
Powell foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1950 polo seu desenvolvemento do método fotográfico de estudar os procesos nucleares e polo resultante descubrimento do pión (pi-mesón), unha partícula subatómica pesada. Os seus colaboradores no estudo, publicado en 1947, foron Giuseppe Occhialini, H. Muirhead e o mozo físico brasileiro César Lattes. O pión demostrou ser a partícula hipotética proposta en 1935 por Yukawa Hideki de Xapón na súa teoría de física nuclear.
Powell tamén foi galardoado coa Medalla de Ouro Lomonosov en 1967, e foi un asinante do Manifesto Russell-Einstein en 1955. Foi educado na Judd School, Tonbridge e o Sidney Sussex College, Cambridge.
Ligazóns externas [editar]
- Biografía no sitio oficial dos Premios Nobel (en inglés).
- Artigo en Nature (en inglés).