Espectro electromagnético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O espectro electromagnético.
O espectro electromagnético, resaltando a luz visíbel

Espectro electromagnético é o intervalo completo da radiación electromagnética, que contén desde as ondas de radio, pasando polas microondas, o infravermello, a luz visible, os raios ultravioleta, os raios X, a radiación gamma, ata os raios cósmicos.

Falar de espectro referíndose a un fenómeno ondulatorio como o é a radiación electromagnética (EM), significa falar en termos de frecuencia de oscilación, longura de onda ou enerxía de fotón. Así o espectro electromagnético é un mapa, unha clasificación da radiación EM segundo estes parámetros.

Por outra banda o espectro EM pódese clasificar do mesmo xeito con calquera destes tres parámetros, que gardan unha relación de proporcionalidade entre eles. Deste xeito tense que,

\ \nu = c / \lambda

E = h \cdot \nu

onde \nu é a frecuencia medida en Herzios (HZ), \lambda é a longura de onda medida en múltiplos e submúltiplos do metro, E é a enerxía medida en Joule (J) -aínda que se adoita ofrecer tamén, por simplicidade, en electrón-voltios (eV)-, e finalmente h é a constante de Planck.

Espectro electromagnético, penetración na atmosfera, lonxitude de onda, frecuencia e radiación de corpo negro.
Zona Espectral Lonxitude de onda (m) Frecuencia (Hz) Enerxía (J)
Raios gamma < 10 pm >30.0 EHz >19.9E-15 J
Raios X < 10 nm >30.0 PHz >19.9E-18 J
Ultravioleta Extremo < 200 nm >1.5 PHz >993E-21 J
Ultravioleta Próximo < 380 nm >789 THz >523E-21 J
Luz Visíbel < 780 nm >384 THz >255E-21 J
Infravermello Próximo < 2.5 um >120 THz >79.5E-21 J
Infravermello Medio < 50 um >6.00 THz >3.98E-21 J
Infravermello Afastado/submilimétrico < 1 mm >300 GHz >199E-24 J
Microondas < 30 cm >1.0 GHz >1.99e-24 J
Ultra Alta Frecuencia (UHF) -Radio <1 m >300 MHz >1.99e-25 J
Moi Alta Frecuencia (VHF) Radio <10 m >30 MHz >2.05e-26 J
Onda curta (SW) - Radio <180 m >1.7 MHz >1.13e-27 J
Onda Media (MW) Radio <650 m >650 kHz >4.31e-28 J
Onda Longa (LW) Radio <10 km >30 kHz >1.98e-29 J
Moi Baixa Frecuencia (VLF, ULF, ELF, SLF) Radio >10 km <30 kHz <1.99e-29 J


Espectro electromagnético
Ondas de radio | Microondas | Infravermello | Espectro visible | Ultravioleta | Raios X | Raios gamma
Espectro visible(luz): Vermello | Laranxa | Amarelo | Verde | Azul | Violeta