Jack Kilby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jack St. Clair Kilby, nado o 8 de novembro de 1923 en Jefferson City (Misuri) e finado o 20 de xuño de 2005 en Dallas (Texas), foi un enxeñeiro eléctrico estadounidense cogalardoado có Premio Nobel de Física no ano 2000.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomouse nas universidades de Illinois e de Wisconsin. Dende o 1958 traballou na compañía informática estadounidense Texas Instruments, onde desenvolveu o circuíto integrado en 1959. A investigación de Kilby levou á produción dos microprocesadores e facilitou as bases conceptuais e técnicas para o campo da microelectrónica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]