Georges Charpak
Georges Charpak |
|||
|---|---|---|---|
Georges Charpak en 2005 |
|||
| Nacemento | 1 de agosto de 1924 Dąbrowica, |
||
| Residencia | París, |
||
| Nacionalidade | |||
| Campo | |||
| Coñecido por |
|
||
|
|||
| Relixión | xudeu | ||
Georges Charpak, nado o 1 de agosto de 1924. É un físico polaco-francés gañador do Premio Nobel de Física.
Biografía [editar]
Charpak naceu na cidade de Dąbrowica en Polonia (actual Dubrovytsia, Ucraína) nunha familia xudía de orixe polaco/ucraíana . A familia de Charpak emigrou de Polonia a París cando el tiña sete anos de idade.
Durante a Segunda Guerra Mundial Charpak enrolouse na Resistencia francesa foi feito prisioneiro polas autoridades da Francia de Vichy en 1943. En 1944 foi deportado a un campo de concentración Nazi no Dachau, onde permaneceu ata que o campo foi liberado no 1945. Después de graduarse no liceo de Montpellier, en 1945 entrou na École des Mines, en París, unha das máis prestixiosas escolas de enxeñería de Francia. O ano seguinte nacionalizouse como cidadán francés.
Graduouse en 1948, obtivo o seu grado de enxeñaría de minas e comezou a traballar para o Centre national de la recherche scientifique (CNRS). Recibíu o seu doutorado en 1954 de Física Nuclear no Collège de France, París, onde traballou no laboratorio de Frédéric Joliot-Curie. En 1959 uníuse ao staff do CERN (European Organization for Nuclear Research) en Xenebra e en 1984 convertíuse en profesor da Escola de Estudos Avanzados en Física e Química en París.
Fíxose membro da Academia de Ciencias Francesa en 1985. En 1992, recibíu o Premio Nobel de Física "polo invento e desenvolvemento de detectores de partículas, en particular a cámara multicable".
En Francia, Charpak é un defensor decidido da enerxía nuclear. Georges Charpak é membro do comité que publica o Bulletin of the Atomic Scientists[1].