Joseph John Thomson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph John Thomson
JJ Thomson.jpg
Nacemento 18 de decembro de 1856
Cheetham Hill, Reino Unido
Morte 30 de agosto de 1940
Cambridge, Reino Unido
Residencia Reino Unido
Nacionalidade inglés
Campo Física
Alma mater Universidade de Manchester
Universidade de Cambridge
Director tese John William Strutt
Edward John Routh
Alumnos tese Charles Glover Barkla
Charles Thomson Rees Wilson
Ernest Rutherford
Francis William Aston
John Townsend
Robert Oppenheimer
Owen Richardson
William Henry Bragg
H. Stanley Allen
John Zeleny
Daniel Frost Comstock
Max Born
T. H. Laby
Paul Langevin
Balthasar van der Pol
Geoffrey Ingram Taylor
Niels Bohr
Coñecido por modelo atómico de Thomson

Sir Joseph John Thomson (Cheetham Hill, Reino Unido, 18 de decembro de 1856Cambridge, 30 de agosto de 1940). Físico británico, premio Nobel de Física en 1906.

Nacido no 1856 en "Cheetham Hill, Manchester", Reino Unido. Estudou no Owens College (hoxe parte da Universidade de Manchester) e no Trinity College, da Universidade de Cambridge. Nesta institución ensinou matemáticas e física, foi profesor de física experimental no laboratorio de Cavendish, e reitor do Trinity College (1918-1940). Tamén foi presidente da Royal Society (1915-1920) e profesor de filosofía natural da Institución rexia de Gran Bretaña (1905-1918).

En 1906 Thomson recibiu o Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre a condución da electricidade a través dos gases. Considéraselle o descubridor do electrón polos seus experimentos co fluxo de partículas (electróns) que compoñen os raios catódicos. Teórico e experimentador, Thomson elaborou en 1898 o modelo "pastel de ameixas" da estrutura atómica, na que sostiña que os electróns eran como 'ameixas' negativas incrustadas nun 'pudding' de materia positiva. En 1908 foi nomeado sir.

Foi pai de George Paget Thomson, Premio Nobel de Física en 1937.