Masatoshi Koshiba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Masatoshi Koshiba, 小柴 昌俊, こしば まさとし, nado o 19 de setembro de 1926 en Toyohashi (Prefectura de Aichi) é un físico xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou o Premio Nobel de Física en 2002 polas súas contribucións pioneiras en astrofísica, en particular pola detección de neutrinos cósmicos.

Na década de 1980 Koshiba continuando os traballos iniciados polo químico norteamericano Raymond Davis Jr. vai construír un detector soterráneo de neutrinos nunha mina de cinc, Kamiokande II, un tanque enorme de auga rodeado por detectores electrónicos para detectar os fluxos de luz que se producen cando os neutrinos interacionan reciprocamente cos núcleos atómicos en moléculas de auga. Confirmou os resultados de Davis, que o Sol produce neutrinos e que se atoparon menos dos que se agardaba. En 1987 Koshiba tamén atopou neutrinos na explosión dunha supernova, fóra do Sistema Solar. En 1996 cun detector máis sensible, Super-Kamiokande, Koshiba atopou evidencias do que os científicos xa sospeitaban, os neutrinos, dos cales se coñecen tres tipos, cambian de tipo no seu desprazamaneto através do espazo.