Frits Zernike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frits Zernike

Frits Zernike, nado en Amsterdam, Países Baixos, en 1888 e finado en Amersfoort en 1966, foi un físico neerlandés gañador do Premio Nobel de Física o ano 1953 pola súa invención do microscopio de contraste de fases.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 16 de xullo de 1888 na cidade neerlandesa de Amsterdam. Herdou do seu pai, mestre de matemáticas, a súa paixón pola física, licenciándose en química, física e matemáticas pola Universidade de Amsterdam. En 1913 conseguiu ser asistente do astrónomo Jacobus Kapteyn no laboratorio astronómico da Universidade de Groningen, sendo nomeado o ano 1920 profesor de física teórica e mecánica cuántica.

Morreu o 10 de marzo de 1966 na cidade neerlandesa de Amersfoort.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Interesado na óptica o 1930 iniciou os seus estudos sobre as liñas espectrales creando no ano 1932 o primeiro microscopio de contraste de fases. A súa invención, que constituíu unha gran mellora en comparación coa teoría clásica do microscopio establecida por Ernst Karl Abbe, baseouse en que a luz reflectida por unha superficie metálica experimenta varios cambios de fase. Así mesmo describiu a aberración óptica nos microscopios e telescopios.

No ano 1953 foi galardoado co Premio Nobel de Física pola invención do microscopio de constraste.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En honra súa denominouse o cráter Zernike da Lúa, así como a asteroide (11779) Zernike descuberto o 16 de outubro de 1977 por Cornelis Johannes van Houten, Ingrid van Houten-Groeneveld e Tom Gehrels.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]