James Cronin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Cronin en 2006.

James Watson Cronin (nado en Chicago, Illinois, o 29 de setembro de 1931), é un físico nuclear estadounidense.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade metodista de Dallas, onde estudou física, e posteriormente dedicouse á docencia na Universidade de Chicago. Actualmente, Jim Cronin é profesor emérito da Universidade de Chicago, e portavoz do proxecto Auger. O profesor Cronin é membro do Board of Sponsors de The Bulletin of the Atomic Scientists.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Cronin, e o seu co-investigador Val Logsdon Fitch, foron galardoados co Premio Nobel de Física de 1980 por un experimento realizado en 1964, que proba que certas reaccións subatómicas non se adhiren aos principios fundamentais da simetría. Especialmente probaron, analizando o decaimiento de kaóns (mesóns K), que reaccións feitas en sentido inverso non seguen a mesma traxectoria que a reacción orixinal, o que mostrou que as interaccións das partículas subatómicas non son independentes do tempo. Así foi descuberto o fenómeno da violación CP.

Na actualidade dedícase ao estudo dos raios cósmicos ultra enerxéticos, en particular á procura das fontes dos mesmos fóra da vía Láctea. Realiza as súas investigacións no Observatorio Pierre Auger, en Malargue, Arxentina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]