Nikolai Basov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nikolai Basov

Nikolai Gennadiyevich Basov ou Николай Геннадиевич Басов, nado o 14 de decembro de 1922 e finado o 1 de xullo de 2001, foi un físico ruso. Premio Nobel de Física de 1964.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Usman, no óblast de Lipetsk, estudou en Voronesh e en 1941 ingresou na Academia Médica Militar de Kuibyshev, en 1943 deixou a Academia para marchar á fronte.
Logo de graduarse en 1950 foi profesor no Instituto de Enxeñaría Física de Moscova e traballou no Instituto de Física Lebedev, do que foi director entre 1973 e 1988. Entrou na Academia de Ciencias da URSS en 1963, foi membro do seu presidium entre 1967 e 1990.

Recibiu o Premio Nobel polos seus traballos fundamentais no campo da electrónica cuántica que conduciu á construción de osciladores e amplificadores baseados no principio dos máser e dos láser.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]