Jerome Isaac Friedman
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerome Isaac Friedman, nado en Chicago o 28 de marzo de 1930, é un físico estadounidense.
Traxectoria [editar]
Naceu nunha familia de pais que emigraron a Estados Unidos desde Rusia. Empezou a interesarse pola física despois de ler un libro de relatividade de Albert Einstein, e por iso estudou física na Universidade de Chicago. Traballou con Enrico Fermi, e recibiu o seu Ph.D. en física en 1956.
Codescubriu experimentalmente a evidencia dos quarks. Gañou o Premio Nobel de Física en 1990. En 2011 era profesor do MIT.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Nobel Autobiography (en inglés).