Brian Schmidt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Brian Schmidt
Brian Schmidt portrait 1.jpg
Nacemento 24 de febreiro de 1967
Missoula (EUA)
Residencia Australia
Nacionalidade Norteamericana e australiana
Campo Astronomía
Alma mater Universidade de Arizona
Universidade Harvard
Director tese Robert Kirshner
Coñecido por Enerxía escura, aceleración da expansión do Universo

Brian P. Schmidt, nado en Missoula (Montana) o 24 de febreiro de 1967 , é un astrofísico estadounidense, profesor distinguido do Consello de Investigacións Científicas de Australia, forma parte da Universidade Nacional de Australia e do Observatorio astronómico de Monte Stromlo, tamén é membro do Centro Nacional de Investigación de Astronomía e Astrofísica de Australia e é coñecido polo uso da investigación de estrelas supernovas no estudo cosmolóxico.

Actualmente exerce como membro destacado do Consello de Investigacións Científicas de Australia.

Schmidt compartiu en 2006 o premio Shaw en astronomía e en 2011 o Premio Nobel de Física con Saul Perlmutter e Adam Riess por achegar evidencias a favor da aceleración na expansión do universo.

Índice

Traxectoria [editar]

  • Graduado en Física e Astronomía pola Universidade de Arizona en 1989[1]

Instalouse en Australia en 1994 tras casar coa súa esposa Jenny M. Gordon, sendo estudante de económicas na Universidade Harvard.

Actividades científicas [editar]

Schmidt foi un bolseiro postdoctoral do Centro Astrofísico Smithsonian de Harvard (1993-94) antes de marchar ó Observatorio Astronómico de Monte Stromlo en 1995.

Schmidt liderou o equipo de investigación High-Z Supernova onde realizou unha medición da expansión do universo até chegar a oito mil millóns de anos-luz no pasado.

En 1998 este equipo investigador xunto co Proxecto Supernova Cosmology, acharon evidencias de que o universo estaba a acelerarse na súa expansión.[2] Sendo nomeado como "o acontecemento máis rompedor do ano" segundo a revista Science.

Schmidt actualmente lidera o proxecto de cartografía celeste para o proxecto do telescopio espacial e forma parte da Rede de Estudo do Ceo Austral (Southern Sky Survey).

Premios e recoñecementos [editar]

Saul Perlmutter, Adam Riess e Brian P. Schmidt foron premiados en 2006 co Premio Shaw en Astronomía. Posteriormente, concedéuselles ós tres en 2011 o Premio Nobel de Física.
  • 2000 - Premio Malcolm McIntosh do goberno de Australia.
  • 2000 - Premio Bok da Universidade Harvard.
  • 2001 - Medalla Joseph Lade Pawsey da Academia Australiana de Ciencias.
  • 2002 - Medalla Vainu Bappu da Sociedade Astronómica da India.
  • 2005 - Lector do Marc Aaronson Memorial
  • 2006 - Premio Shaw en Astronomía, compartido con Adam Riess e Saul Perlmutter.
  • 2011 - Premio Nobel de Física,compartido con Adam Riess e Saul Perlmutter.[3]

Schmidt e outros membros de equipo High-Z (definidos como coautores de Riess en 1998) compartiron en 2007 o Premio Gruber en Cosmoloxía, dotado con medio millón de dólares estadounidenses e con Saul Perlmutter do Laboratorio Nacional Lawerence Berkeley e o Proxecto Supernova Cosmology (o equipo definido como coautores de Perlmutter en 1999) polos seus descubrimentos na aceleración da expansión do universo.

Notas [editar]

  1. "SCHMIDT, Brian" en Who's Who Live (Australia), Crown Content Pty Ltd.
  2. Cosmology ABC Catalyst segment on Cosmology, with Brian Schmidt, Ray Norris, & Lawrence Kraus
  3. "Premio Nobel de Física por investigacións sobre a aceleración da expansión do universo". BBC News. 4 de outubro de 2011. http://www.bbc.co.uk/news/science-environment-15165371. 

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]