John Bardeen
John Bardeen |
|||
|---|---|---|---|
Premio Nobel de Física en 1956 e en 1972 |
|||
| Nacemento | 1908 Madison |
||
| Morte | 1991 |
||
| Nacionalidade | Norteamericana | ||
| Campo | Física | ||
|
|||
| A única persoa en recibir dous premios Nobel de Física. | |||
John Bardeen, nado en Madison en 1908 e finado en 1991, foi un físico norteamericano, a única persoa en gañar dous premios Nobel de física, en 1956 polo transistor con William Bradford Shockley e Walter Houser Brattain, e en 1972 por unha teoría fundamental da supercondutividade con Leon Cooper e John Robert Schrieffer, agora chamada teoría BCS.
Traxectoria [editar]
Bardeen foi un neno prodixio con grandes dotes para as matemáticas. Estudou na Universidade de Wisconsin, tras graduarse entrou a traballar en Gulf Research Laboratories de Pittsburgh, pero o traballo non era do seu interese e déixao para doutorarse en matemáticas pola Universidade de Princeton baixo a dirección do Premio Nobel Eugene Wigner.
En 1938 entrou como axudante na Universidade de Minnesota, durante a participación dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial traballou nun laboratorio militar.