Wilhelm Wien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotografía de 1911 cando recibiu o Premio Nobel de Física.

Wilhelm Wien, nado en 1864 e finado en 1928, foi un físico alemán, Premio Nobel de Física en 1911.

Biografía[editar | editar a fonte]

Wilhelm Carl Werner Wien naceu en Gaffken, Prusia Oriental, hoxe en Polonia, en 1864; faleceu en Múnic en 1928. Estudou en Göttingen, Heidelberg e Berlín. Profesor nas de Giessen, Würzburg e Múnic. Dedicouse sobre todo aos estudos de Termodinámica. O descubrimento da lei de radiación do calor (lei de Wien), fixo que se lle concedera o Premio Nobel de Física en 1911.