Leon Lederman
Leon Max Lederman |
|
|---|---|
Premio Nobel de Física |
|
| Nacemento | 15 de xullo de 1922 New York, |
| Residencia | EUA |
| Nacionalidade | Estadounidense |
| Campo | Física |
| Coñecido por | Neutrinos, Quark fondo |
Leon Max Lederman, nado en Nova York, EUA o 15 de xullo de 1922, é un físico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1988 polos seus traballos sobre os neutrinos.
Índice |
Biografía [editar]
Naceu o 15 de xullo de 1922 na cidade norteamericana de Nova York. Estudou física na Universidade de Nova York, onde se licenciou en 1943. Tras participar na Segunda Guerra Mundial, en 1951 conseguiu o doutoramento na Universidade de Columbia, onde se converteu en profesor en 1958 e onde posteriormente dirixiu o Laboratorio de Investigación Física entre 1961 e 1978.
Entre 1979 e 1989 dirixiu o Fermilab, laboratorio de investigación do goberno dos Estados Unidos. Finalmente en 1989 dimitiu dos seus cargos e brevemente foi profesor na Universidade de Chicago antes de trasladarse ó Instituto Tecnolóxico de Illinois.
Investigacións científicas [editar]
As súas investigacións científicas centráronse, xunto a Melvin Schwartz e Jack Steinberger, nun método de detección dos neutrinos que permitiu demostrar a dobre estrutura dos leptóns. Este descubrimento permitiu ós teóricos elaborar un esquema, coñecido como modelo estándar, para a clasificación de tódalas partículas elementais.
En 1977 conseguiu detectar unha nova partícula quark, o quark fondo.
Once anos máis tarde, en 1988, foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto ós seus compañeiros Melvin Schwartz e Jack Steinberger, polos seus traballos sobre o neutrino.
Publicacións [editar]
- The God Particle: If the Universe Is the Answer, What Is the Question? (A partícula divina: Se o Universo é a resposta, cal é a pregunta?) (1993)
- From Quarks to the Cosmos (Dos quarks ao cosmos)
- Portraits of Great American Scientists (Retratos dos grandes científicos americanos)
- Symmetry and the Beautiful Universe (A simetría e a beleza do universo) (2004)