Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sir Roger Penrose Nome orixinal (en) Roger Penrose Biografía Nacemento 8 de agosto de 1931 (92 anos)Colchester, Reino Unido (pt) Cátedra Rouse Ball de Matemática (pt)
1973 – 1999 ← Charles Coulson – Philip Candelas (pt) →
Datos persoais País de nacionalidade Reino Unido Relixión Agnosticismo Educación University College de Londres (–1955) Universidade de Cambridge (1955–1958) University College School (pt) (1945–) Tese académica Tensor Methods in Algebraic Geometry (en) (1958 ) Director de tese John Arthur Todd (pt) Actividade Campo de traballo Física , física matemática (pt) e matemáticas Ocupación matemático , profesor universitario , astrónomo , filósofo , físico , astrofísico Empregador Universidade de Leiden , Q65561104 . Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) (2011–) Universidade de Leiden , Lorentz Chair (en) (2011–2011) Gresham College (en) (1998–) Universidade de Oxford (1973–1998) Birkbeck College (1964–1973) Membro de Profesores William Vallance Douglas Hodge (pt) , Hermann Bondi , Paul Dirac e Dennis William Sciama (pt) Influencias Lingua Lingua inglesa Obra Obras destacables
Doutorando Claude LeBrun (pt) , Tristan Needham (pt) , Richard Jozsa (en) , Richard S. Ward (pt) , Andrew Hodges , Asghar Qadir (pt) , Lane P. Hughston (pt) , Tim Poston (pt) , Adam D. Helfer (en) , Kenneth Paul Tod (en) , William Shaw (pt) , George A. J. Sparling (en) , George Burnett-Stuart (en) , Ross Moore (en) , Matthew L. Ginsberg (en) , Peter R. Law (en) , A. J. Goddard (en) , John M. McNamara (en) , Arthur Gary Ryman (en) , B. P. Jeffryes (en) , Robert J Low (en) , Alejandro Miguel Pilato (en) , Klaus G. Pulverer (en) , Thomas R. Hurd (en) , Alexander S. Popovic (en) , Robert James Baston (en) , Michael C. Sheppard (en) , Stephen A. Huggett (en) , John P. Moussouris (en) , Toby N. Bailey (en) , P. E. Jones (en) , Simon Williams (en) e Michael A. Singer (en) Outro Título Knight Bachelor Cónxuxe Vanessa Thomas (1988–) Joan Isabel Wedge (1959–1981) , divorcio Pais Lionel Penrose (pt) e Margaret Leathes (en) Irmáns Shirley Hodgson , Jonathan Penrose (pt) e Oliver Penrose (pt) Parentes Roland Penrose (pt) (tío ) Premios
Roger Penrose , nado en Colchester (Essex ) o 8 de agosto de 1931 , é un físico matemático inglés . É coñecido particularmente polas súas contribucións á teoría da relatividade xeral e á cosmoloxía . Tamén destacou no ámbito das matemáticas recreativas e a filosofía. Foi Premio Nobel de Física en 2020 xunto con Reinhard Genzel e Andrea Ghez .[ 1]
Penrose é fillo do científico Lionel Penrose e de Margaret Leathes, e irmán do matemático Oliver Penrose e o xogador de xadrez Jonathan Penrose .
En 1955, cando era estudante reinventou a “inversa xeneralizada”, tamén coñecida como inversa Moore-Penrose.[ 2] Conseguiu o seu doutoramento en Cambridge en 1958 , cunha tese sobre métodos tensores en xeometría alxébrica baixo a supervisión de John A. Todd . En 1965 Penrose e o físico Stephen Hawking probaron que aas singularidades poden formarse a partir do colapso de inmensas estrelas moribundas.[ 3]
En 1967 inventou a teoría de twistores que mapea obxectos xeométricos dun espazo de Minkowski nun espazo complexo en catro dimensións coa signatura métrica (2,2). En 1969 propuxo a hipótese da censura cósmica , que conxectura que o universo nos protexe da impredicibilidade inherente das singularidades (como os buracos negros ) ocultándoos da vista. Esta forma coñécese actualmente como a hipótese feble da censura ; en 1979, Penrose formulou unha versión máis firme chamada hipótese forte da censura . Xunto coa conxectura BKL e os problemas coa estabilidade non linear, resolver a conxectura da censura cósmico é un dos problemas máis importantes da teoría da relatividade .
Penrose é coñecido polo seu descubrimento en 1974 dos teselados que reciben o seu nome, que están formados de dúas teselas que só poden teselar o plano de forma aperiódica. En 1984 atopáronse padróns similares na organización de átomos en cuasicristais .
A súa contribución máis importante pode considerarse a invención das redes de spin (1971). Tamén influíu na popularización dos diagramas causales, coñecidos como diagramas de Penrose .
En 2020 recibe o Premio Nobel de Física .
↑ "The Nobel Prize in Physics 2020" . NobelPrize.org (en inglés ) . Consultado o 2020-10-13 .
↑ Penrose, Roger (1955). "A Generalized Inverse for Matrices". Proc. Cambridge Phil. Soc. (51): 406–413.
↑ (Ferguson, 1991:66)
1901–1925 1926–1950 1951–1975
1951: Cockcroft , Walton
52: Bloch , Purcell
53: Zernike
54: Born , Bothe
55: Lamb , Kusch
56: Shockley , Bardeen , Brattain
57: Yang , Lee
58: Cherenkov , Frank , Tamm
59: Segrè , Chamberlain
60: Glaser
61: Hofstadter , Mössbauer
62: Landau
63: Wigner , Goeppert-Mayer , Jensen
64: Townes , Basov , Prokhorov
65: Tomonaga , Schwinger , Feynman , 66: Kastler
67: Bethe
68: Alvarez
69: Gell-Mann
70: Alfvén , Néel
71: Gabor
72: Bardeen , Cooper , Schrieffer
73: Esaki , Giaever , Josephson
74: Ryle , Hewish
75: A.Bohr , Mottelson , Rainwater
1976–2000
1976: Richter , Ting
77: Anderson , Mott , van Vleck
78: Kapitsa , Penzias , Wilson
79: Glashow , Salam , Weinberg
80: Cronin , Fitch
81: Bloembergen , Schawlow , Siegbahn
82: Wilson
83: Chandrasekhar , Fowler
84: Carlo Rubbia , van der Meer
85: von Klitzing
86: Ruska , Binnig , Rohrer
87: Bednorz , Müller
88: Lederman , Schwartz , Steinberger
89: Ramsey , Dehmelt , Paul
90: Friedman , Kendall , Taylor
91: de Gennes
92: Charpak
93: Hulse , Taylor
94: Brockhouse , Shull
95: Perl , Reines
96: D. Lee , Osheroff , Richardson
97: Chu , Cohen‑Tannoudji , Phillips
98: Laughlin , Störmer , Tsui
99: 't Hooft , Veltman
2000: Alferov , Kroemer , Kilby
2001–
2001: Cornell , Ketterle , Wieman
02: Davis , Koshiba , Giacconi
03: Abrikosov , Ginzburg , Leggett
04: Gross , Politzer , Wilczek
05: Glauber , Hall , Hänsch
06: Mather , Smoot
07: Grünberg , Fert
08: Kobayashi , Maskawa , Nambu
09: Kao , Boyle , Smith
10: A. Gueim , K. Novosiólov
11: Perlmutter , Riess , Schmidt
12: Haroche , Wineland
13: Englert , Higgs
14: Akasaki , Amano , Nakamura
15: Kajita , McDonald
16: Thouless , Haldane , Kosterlitz
17: Weiss , Barish , Thorne
18: Ashkin , Mourou , Strickland
19: Peebles , Mayor , Queloz
20: Penrose , Genzel , Ghez