Charles Glover Barkla
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Charles Glover Barkla | |||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 27 de xuño de 1877 Widnes, Inglaterra |
||
| Morte | 23 de outubro de 1944 Edimburgo, Escocia |
||
| Campo | |||
|
|||
Charles Glover Barkla, nado en Widnes en 1877 e finado en Edimburgo en 1944, foi un físico británico.
Traxectoria [editar]
Estudou en Liverpool. En 1913, logo de traballar nas universidades de Cambridge, Liverpool e o King's College de Londres, entrou como profesor de filosofía natural na Universidade de Edimburgo.
As súas primeiras investigacións tiveron por obxecto o estudo da relación existente entre o peso atómico dun elemento e a súa capacidade de absorción de raios X e investigou a radiación secundaria dos elementos expostos aos raios X, desenvolvendo as leis que regulan a difusión dos raios X.
Polas súas investigacións recibiu o Premio Nobel de Física de 1917.