Rudolf Mößbauer
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rudolf Ludwig Mößbauer, nado en Múnic o 31 de xaneiro de 1929 e finado en Múnic o 14 de setembro de 2011[1], foi un físico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1961.
Índice |
Traxectoria [editar]
Licenciado en física pola Universidade de Tecnoloxía de Múnic, en 1961 foi profesor de física no Instituto Tecnolóxico de California.
Durante a súa etapa estudantil interesouse nos raios gamma, estudando as súas transicións nucleares e descubrindo no ano 1957 o que posteriormente se denominaría efecto Mößbauer. En 1961 foi galardoado, xunto co físico norteamericano Robert Hofstadter, co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a absorción de radiación gamma.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Notas [editar]
- ↑ Physiker und Pianist. tagesspiegel.de. 15 de novembro de 2011.