David Gross
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Gross é un físico norteamericano nado o 19 de febreiro de 1941. Recibiu xunto con Frank Wilczek e David Politzer o Premio Nobel de Física no 2004 polo descubrimento da liberdade asintótica.
Gross recibiu o seu diploma universitario e mestrado na Universidade Hebrea de Xerusalén no 1962. Recibiu o doutorado en Física na Universidade de Berkeley en 1966 baixo a supervisión de Geoffrey Chew e foi bolseiro na Universidade Harvard e profesor en Princeton ata 1997. Recibiu a medalla Dirac en 1988 e na actualidade é o director da cátedra de Física teórica no Instituto Kavli da Universidade de California.