23 de abril
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Mar - Abril - Mai | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | |||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 23 de abril é o 113º día do ano do calendario gregoriano (114º nos anos bisestos). Quedan 252 días para finalizar o ano.
22 de abril - 23 de abril - 24 de abril
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1014 - Batalla de Clontarf: Brian Boru vence aos invasores viquingos, mais perece na batalla.
- 1533 - A Igrexa de Inglaterra anula o matrimonio entre Catarina de Aragón e Henrique VIII de Inglaterra.
- 1834 - Betanzos perde a capitalidade da provincia ao ser asimilada á da Coruña.
- 1846 - Batalla de Cacheiras que remata co levantamento liberal en Galiza contra o poder central e o fusilamento dos Mártires de Carral.
- 1920 - Fundación da Grande Asemblea Nacional de Turquía e proclamación da República por Ataturk.
- 1937 - Asalto do bou Eva, tráxico período da represión franquista en Galiza.
- 1967 - Lanzamento da Soyuz 1, cun só cosmonauta, Vladimir Komarov, que morre cando a nave se estrela ao retornar.
- 2007 - Lanzamento do observatorio espacial italiano AGILE.
[editar] Nacementos
- 1185 - Afonso II, terceiro rei de Portugal.
- 1564 - William Shakespeare, dramaturgo, poeta e actor inglés.
- 1755 - William Turner, paisaxista inglés, en Covent Garden, Londres.
- 1833 - Aurelio Aguirre, poeta galego.
- 1858 - Max Planck, físico alemán.
- 1858 - Manuel María Puga y Parga, escritor, gastrónomo e político galego.
- 1891 - Serguei Prokofiev, músico ruso.
- 1898 - Valentín Paz-Andrade, político e escritor galego.
- 1899 - Vladimir Nabokov, escritor estadounidense, en San Petersburgo.
- 1928 - Shirley Temple, actriz estadounidense.
- 1932 - Xosé Chao Rego, teólogo e escritor galego.
- 1936 - Roy Orbison, cantante e compositor estadounidense.
- 1954 - Michael Moore, cineasta norteamericano.
[editar] Mortes
- 1016: Ethelred II, rei de Inglaterra.
- 1616: Miguel de Cervantes, escritor español.
- 1616: (calendario gregoriano) William Shakespeare, dramaturgo, poeta e actor inglés.
- 1850: William Wordsworth, poeta romántico inglés.
- 1868: Ramón María Narváez, político e militar español.
- 1940: Gerardo Doval Rodríguez, avogado e político galego.
- 1975: Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador (n. 1906)
- 1981: Josep Pla, escritor catalán.
- 1986: Otto Preminger, director de cinema estadounidense.
- 2007: Boris Yeltsin, político ruso (n. 1931).
- 2012: Xosé Manteiga Pedrares, escritor e filósofo galego (n. 1934)
[editar] Festas e Celebracións
- Día de Aragón, instituído en 1978.
- Día de Castela e León, en conmemoración da derrota dos Comuneros en Villalar (Valladolid).
- Día dos Namorados en Cataluña, que se celebra cun libro e unha flor.
- Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
- Día Nacional de Inglaterra.
[editar] Santoral
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro