Brian David Josephson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brian Josephson, March 2004.jpg

Brian David Josephson, nado en Cardiff, País de Gales, o o 4 de xaneiro de 1940, é un físico británico galés galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1973.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en física en 1960 na Universidade de Cambridge, universidade na cal se doutorou catro anos despois.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Iniciou as súas actividades de investigación no Laboratorio Cavendish da mesma Universidade de Cambridge, lugar onde desenvolveu a totalidade das súas investigacións científicas. En 1962 explicou o que se chamaría efecto Josephson, segundo o cal se unha corrente eléctrica flúe entre dous elementos de material supercondutor separados por unha delgada capa de materia illante, perden estes toda a súa resistencia eléctrica cando se lles somete a unha temperatura próxima ao cero absoluto.

En 1973 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos teóricos sobre supercondutores, coñecidos co nome do efecto Josephson, premio que compartiu cos físicos Leo Esaki e Ivar Giaever.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]