Jean Baptiste Perrin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean Baptiste Perrin
Jean Baptiste Perrin en 1926
Datos persoais
Nacemento30 de setembro de 1870
LugarLille, Francia
Falecemento17 de abril de 1942 (71 anos)
LugarNova York, Estados Unidos
SoterradoPanteón de París
ResidenciaFrancia
NacionalidadeFrancia francés
EtniaPobo francés
CónxuxeHenriette Perrin-Duportal
FillosFrancis Perrin
Actividade
CampoFísica e química nuclear
Alma máterEscola Normal Superior de París
Universidade de París
Director de teseJules Violle
Contribucións e premios
Coñecido porDescubrimento da estrutura atómica
PremiosPremio Nobel de Física en 1926
editar datos en Wikidata ]
Jean Baptiste Perrin en 1927.

Jean Baptiste Perrin, nado en Lille o 30 de setembro de 1870 e finado en Nova York o 17 de abril de 1942, foi un físico-químico francés galardoado co Premio Nobel de Física en 1926.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos na Escola Normal Superior de París, sendo posteriormente profesor da mesma desde 1891. En 1910 incorporouse á Universidade de París como profesor de físico-química, que dirixiu desde 1927 a 1940.

Durante a primeira guerra mundial serviu no exército francés. En 1923 foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia. En 1936 foi desigando subsecretario de Estado para asuntos científicos no Goberno da Fronte Popular de Léon Blum.

En 1940 trasladouse aos Estados Unidos, participando no movemento chamado Francia Libre e dirixiu o departamento científico da Escola Libre de Estudos Superiores de Nova York.

Foi o pai de Francis Perrin, tamén físico, especialista en fisión nuclear, quen dirixiu a Comisión para a Enerxía Atómica de Francia (CEA) de 1951 a 1970.

Jean Baptiste faleceu o 17 de abril de 1942 en Nova York, sendo transportadas as súas cinzas o 17 de novembro de 1948 ao Panteón de París.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Primeira Conferencia Solvay de 1911. Podemos ver a Jean Baptiste Perrin situado á dereita de Marie Curie, reclinado sobre o seu brazo.

En 1895 demostrou que os raios catódicos estaban construídos con corpúsculos con carga eléctrica negativa. En 1908 calculou de forma exacta o número de Avogadro (número de moléculas contidas nun centímetro cúbico de gas en condicións normais). Tamén explicou a enerxía solar como consecuencia das reaccións termonucleares do hidróxeno.

Membro das Conferencias Solvay de 1911 e 1927, en 1926 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos relativos á discontinuidad da materia e polo descubrimento do equilibrio de sedimentación.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Les principes. Exposé de thermodynamique (1901)
  • Traité de chimie physique. Les principes (1903)
  • Les preuves de la réalité moléculaire (1911)
  • Les atomes (1913, 1936)
  • Matière et Lumière (1919)
  • Les éléments de la physique (1929)
  • L'orientation actuelle des sciences (1930)
  • Les formes chimiques de transition (1931)
  • La recherche scientifique (1933)
  • Grains de matière et grains de lumière (1935)
  • L'organisation de la recherche scientifique en France (1938)
  • À la surface des choses (1940-1941)
  • La science et l'espérance (1948)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]