Andre Geim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Andre Geim
Geim.jpg
Nacemento 21 de outubro de 1958
Sochi (Unión Soviética)
Residencia Inglaterra
Nacionalidade Holandesa e rusa
Campo Física
Alma mater Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova
Coñecido por Traballos sobre o grafeno xunto con Konstantin Novoselov.
Unha ra viva en levitación magnética. Por este experimento, Andre Gueim da Universidade de Nimega e Sir Michael Berry da Universidade de Bristol gañaron no ano 2000 o Premio Ig Nobel da física.

Andréy Konstantínovich Gueim (en ruso Андрей Константинович Гейм), nado en Sochi (Unión Soviética) o 21 de outubro de 1958, é un físico holandés de orixe alemán do Volga de Rusia que é coñecido polo seu traballo no grafeno,[1][2] o desenvolvemento da cinta de geco e demostracións de levitación diamagnética. O 5 de outubro de 2010, foi galardoado co Premio Nobel de Física xunto con Konstantín Novosiólov. Previamente, no ano 2000 gañou un Ig Nobel por conseguir facer levitar unha ra con imáns,[3] converténdose na primeira persoa en gañar un Premio Nobel e un premio Ig Nobel.[4]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: