Willis Lamb
| Profesión: | físico |
|---|---|
| País: | |
| Nado en: | 12 de xullo de 1913 |
| Lugar de nacemento: | Os Ánxeles, California EUA |
| Faleceu en: | 15 de maio de 2008 |
| Lugar: | Tucson, Arizona, EUA |
Willis Eugene Lamb, Jr., nado en Os Ánxeles (California) o 12 de xullo de 1913 e finado en Tucson (Arizona) o 15 de maio de 2008; foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado mo ano 1955 co Premio Nobel de Física.
Índice |
Traxectoriaa [editar]
Estudou química na Universidade de California licenciándose en 1934, ampliando posteriormente estudos e licenciándose en física en 1938. Entre 1956 e 1962 foi profesor de física na Universidade de Oxford e posteriormente tamén ensinou na Universidade de Yale, Columbia e Stanford.
Investigacións científicas [editar]
En 1955 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto co físico Polykarp Kusch polos seus descubrimentos referentes á estrutura fina do espectro do hidróxeno. Lamb e Kusch realizaron estudos parecidos sobre o electromagnetismo do electrón, establecendo Lamb o denominado efecto Lamb.