Albedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albedos % luz reflectida
Neve recente 86
Nubes moi brillantes 78
Nubes (media) 50
Desertos terrestres 21
Solo terrestre sen vexetación 13
Bosques (media) 8
Cinza volcánica 7
Océanos 5 a 10
Sistema Solar (albedo medio)
Lúa 7
Mercurio 6
Venus (atmosfera) 70
Terra vista desde o espazo 37 a 39
Marte 15
Urano 45
Neptuno 55
Xúpiter 41
Saturno 42
Sistema Solar outros (albedo medio)
Meteoritos 7
Fobos 6
Deimos 6

Albedo é unha medida da refractividade dun corpo ou dunha superficie. É a razón entre a radiación electromagnética reflectida e a cantidade incidente.

Esta fracción acostúmase a presentar como unha porcentaxe, entre 0% e 100%, e é un importante concepto da astronomía e mais da climatoloxía. A proporción depende da frecuencia da radiación considerada: se non se especifica, refírese a unha media ao longo do espectro da luz visible. Tamén depende do ángulo de incidencia da radiación.

En astronomía, o albedo dos satélites e asteroides pódese utilizar para inferir acerca da composición da superficie, especialmente sobre a cantidade de xeo. En astronomía ofrece un medio indirecto de pescudar a natureza dun astro mediante a comparación do seu albedo co de materias coñecidas: o máis alto corresponde ó do planeta Venus, o máis baixo a algúns asteroides carbonáceos e así como ós satélites marcianos Fobos e Deimos.

En física nuclear, o albedo é a capacidade, por parte dunha sustancia, de reflectir neutróns. Mídese polo cociente entre o número de neutróns reflectidos e o número total de neutróns emitidos.

Exemplos[editar | editar a fonte]

O albedo da neve recente é elevado, mentres que o da superficie do mar é baixo.

A Terra ten un índice medio de 37% a 39% mentres que a Lúa ten preto de 12%.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albedo