Estratosfera
| Termosfera |
| Mesopausa |
| Mesosfera |
| Estratopausa |
| Estratosfera |
| Tropopausa |
| Troposfera |
| Ver tamén: Ionosfera, Exosfera, Cinto de Van Allen, |
| Capa de ozono, Magnetosfera. |
A estratosfera é a segunda capa da atmosfera, comprendida entre a troposfera e a mesosfera, entre 7 e 17 ata 50 km de altitude aproximadamente.
Características [editar]
Caracterizase polos movimentos de aire en sentido horizontal, a temperatura aumenta a medida que aumenta a altura. Presenta unha pequena concentración de vapor de agua e temperatura constante ata a rexión limítrofe, denominada estratopausa.
Na súa parte inferior, flúe unha corrente de ar en chorro, coñecida como jet stream, que influencia a meteoroloxía das zonas temperadas; entre trinta e cincuenta quilómetros, atopase a ozonosfera, onde moléculas de ozono absorben a radiación ultravioleta do Sol debido a reacións fotoquímicas, filtrandoas; neste ponto da estratosfera, o ar quence ata unha temperatura preto de 10o C. Na estratosfera existen as nubes-de-madrepérola, estas son formadas pola capa de ozono; acostuma a ser moi estable, principalmente no espazo comprendido entre a tropopausa e a capa de ozono.