Paris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta páxina é sobre a figura mitolóxica. Para a cidade capital de Francia vexa París.
Xuízo do Monte Ida, mosaico de sol,110-150, vila do Atrium, Antioquía

Paris é una figura da mitoloxía grega, fillo de Príamo (rei de Troia) e de Hécuba, e máis irmán de Heitor.

Segundo a profecías dos oráculos, había causar desasosego na cidade, pois Hécuba, súa nai, tivera un soño no cal vía saír lume das súas pernas; así pois, foi abandonado no monte Ida, mais aleitouno unha osa (compárese o caso de Rómulo e Remo, aleitados por unha loba). Logo foi adoptado por un matrimonio e medrou como pastor.

Xuízo de Paris[editar | editar a fonte]

Era considerado polos deuses o home máis fermoso do mundo, e por iso o requiriu Hermes, que fora enviado Zeus, para que xulgase quen era a máis fermosa das deusas Atenea, Hera e Afrodita. A vencedora gañaría a mazá de ouro de Eris (deusa da discordia que non fora convidada á voda de Peleo e Tetis, pais de Aquiles; ela botara a mazá da discordia durante a cerimonia, na que figuraba escrito: "Á máis fermosa"). Paris escolleu a Afrodita, como a máis bela das tres, no xuízo levado a cabo no Monte Ida.

Guerra de Troia[editar | editar a fonte]

Afrodita, agradecida, prometeulle a Paris o amor da fermosísima Helena. Helena sería seducida por Paris, que lla roubou ao seu marido, Menelao, rei de Esparta, e marchou con ela a Troia. Isto causou a guerra (Guerra de Troia). Durante ela Paris matou a Aquiles, e despois el foi morto por Filoctetes, que posuía o arco máxico de Heracles (Hércules).

Na mitoloxía grega, e especialmente na Ilíada, é coñecido tamén polo nome de Alexandre.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]