Dijon
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Borgoña-Franco Condado | ||||
| Departamento | Côte-d’Or | ||||
| Capital de | Borgoña canton of Dijon-8 (en) Borgoña-Franco Condado arrondissement of Dijon (en) canton of Dijon-7 (en) Côte-d’Or Ducado de Borgoña Dijon Métropole (en) Q88077444 Q88077461 Q88077448 Q88077460 Q88077445 Q88077447 canton of Dijon-6 (en) canton of Dijon-2 (en) canton of Dijon-1 (en) canton of Dijon-5 (en) canton de Dijon-4 (en) canton de Dijon-3 (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 161.830 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921409 Q3550997 | ||||
| Superficie | 41,59 km² | ||||
| Bañado por | Ouche (pt) | ||||
| Altitude | 251 m-220 m-410 m-268 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
| Santo padrón | Benigno de Dijon | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Nathalie Koenders (2024–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 21000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | dijon.fr | ||||
Dijon é unha cidade de Francia, capital (préfecture) do departamento de Côte-d'Or e cabeza da rexión de Borgoña-Franco Condado. A poboación de Dijon en 2008 era de 151.576 habitantes, segundo estimacións do INSEE, organismo francés de estatísticas, cifra que a convertía na 17ª cidade máis populosa do país.
Posuidora dun rico patrimonio artístico e cultural, «capital dos duques de Borgoña», é unha cidade turística, gastronómica e comercial, "cidade verde", goza dunha viva tradición de intensa vida cultural. Ë tamén unha cidade universitaria e de congresos. Ademais goza dun tecido industrial diversificado, especialmente no sector de servizos.
Os seus habitantes son denominados, en francés, os dijonnais.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Dijon sitúase no nordeste de Francia, a uns 300 km ao sueste de París, na confluencia do río Ouche (afluente do Loira) e o seu afluente o Suzon. Un pequeno rego o Raine é tamén tributario do Ouche. A cidade está atravesada tamén polo canle de Borgoña.
O clima de Dijon é oceánico, mais, dado o seu afastamento do mar, un tanto continentalizado.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Porte Guillaume, do século XVIII, situada na praza Darcy.
- Catedral de Saint-Bénigne (século XIV), flanqueada por unha antiga abadía, actualmente Museo Arqueolóxico.
- Os tellados borgoñóns, compostos de tellas multicolor (verdes, negras, amarelas e castañas) decoran moitas edificacións do centro urbano.
Museos
[editar | editar a fonte]- Museo de Belas Artes, situado Pazo dos Estados e dos Duques de Borgoña.
- Museo da vida borgoñoa Perrin de Puycousin, acolle reconstrucións de escenas da vida cotiá tradicional e de antigos oficios.
- Museo François Rude, dedicado á vida do escultor romanticista Rude.
- Exposicións Florissimo, cada 4 anos, cita mundial das persoas afeccionadas ás flores.
- Xardín de l'Arquebuse, arrodea o Museo de Historia Natural.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Arco de Triunfo, Porta Guillaume
- Rúa típica no centro de Dijon
- Catedral de St Bénigne
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dijon |
